top of page
Innovación, creación e emprendeduría
Eventos/Xornadas
Proxecto Transversal "Orientación Galicia"

 

 

 

‹          MAIL:

            orientaciongalicia@gmail.com

 

 

          SÉGUENOS:

  • w-facebook
  • pinterest.png
  • Twitter Clean
  • diigo.png
  • w-linkedin
  • logokeeeb.png
  • w-youtube

 

Dende o Proxecto Transversal, "Orientación Galicia", detectamos a necesidade de profundizar nas áreas de innovación, creatividade e emprendeduría no mundo laboral.

 

Esta páxina pretende ser un escaparate que amose ferramentas e posibles saídas as dúbidas mais frecuentes que xurden nestas áreas.

Feira de emprego PONTEemprego 2013

Pido 10 euros para mi proyecto. Unha nueva forma de financiación para emprendedores sen depender de axudas oficiais ou créditos bancarios.

Día de la INNOVACIÓN

28 de novembro de  2013

Xornada sobre Liderado, Emprendemento e Innovación Feminina. A Asociación Executivas de Galicia organiza a I Xornada de Liderado, Emprendemento e Innovación Feminino, que terá lugar o 30 de outubro no Centro de empresas e Innovación de Lugo.

Congreso Internacional de Xuventude. Os vindeiros 25 e 26 de outubro, a Consellería de Traballo e Benestar organizará o Congreso Internacional de Xuventude baixo o lema  "Da Educación Non Formal ao Emprego e ao Emprendemento"

Novas/Publicacións

O sábado 28 de setembro publicouse no BOE a Ley de apoyo a los emprendedores y su internacionalización. Nesta lei apróbase entre outras a figura do emprendedor de responsabilidade limitada que elimina os riscos de pérdida de patrimonio personal nol caso de que fracase la empresa. Outro aspecto importante que trata a lei é a cuota de 50€ para novos autónomos menores de 30 anos.

Emprender "unha Materia Transversal". Fomentar o emprendemento desde a escuela, este é o obxetivo do programa "EDUEMPRENDE" da Xunta.

Programa de apoio a para facilitar o financiamento operativo das pequenas e medianas empresas elaboradoras de viño.

Xornada Ferrolterra reaccionaA asociación de empresarios Ferrolterra organiza unha xornada de motivación empresarial

 

Curso de iniciativa emprendedora. A Universidade da Coruña organiza un curso de iniciativa emprendedora para alumnado de grao, mestrado, doutoramente e recen tituladas/os da UDC. O prazo de solicitudes remata o 25 de outubro.

 

Novos Títulos para a Biblioteca de Emprendemento Innovador. O Igape vén de publicar seis novos títulos á súa Biblioteca Dixital arredor do emprendemento Innovador para completar, ata agora, un catálogo de 36 volumes sobre emprendemento e xestión empresarial innovadora

Sete tendencias para a empresa de 2014. Para o próximo ano esperanse algúns cambios no tecido empresarial como maior número de contratos de formación para a mocidade, aumento do teletraballo ou beneficios sociais para minimizar os efectos da redución salarial entre outros.

Solo sobrevirán as empresas que pensen en grande. As empresas que están empezando non deben pensar unicamente no mercado local, hay que ampliar os límites e abrirse as oportunidades que podan surdir do mercado munidal.

Semana do Cooperativismo na Universidade de Santiago de Compostela. Desde Luns, 04 Novembro 2013 até Venres, 08 de novembro 2013 - ORGANIZA: Rede Eusumo, coa colaboración da USC.

Curso de creación de empresas. Curso de 112 horas de duración dirixido a emprendedoras/es que cunha idea de empresa, así como a empresarias/os que crearan a súa empresa recentemente e precisen reformular a súa xestión. O prazo de solicitude remata o vindeiro 8 de novembro.

 

EXTERNALIZACIÓN DE SERVICIOS, BUSINESS PROCESS OUTSOURCING Y PLANTEAMIENTO DE LOS SERVICE LEVEL AGREEMENT. Curso de 14 horas d e duración organizado por FEUGAra su propia empresa. As inscripcións están abertas ata o 20 de novembro. As datas de celebración do curso son os días 28 e 29 de novembro.

Chega a Santiago o proxecto Lánzate. A través deste proxecto preténdese favorecer o desenvolvemento de empresas innovadoras a través dun concurso de emprendedoras/es que se desenvolve en distintas cidades do territorio nacional.

Iles Pontevedra- Curso Asesoramento para a creación da túa empresa.

Inscrición gratuita.

Avda. das Camelias-Lourizán- Pontevedra, do  11 ao 19 de novembro de 2013.

Dime como te financias direiche quen es. Interesante artígo no que se analiza o tipo de empresaria/o en función das fontes de financiamento elixidas.

Premio “Impulsamos tu franquicia”.

Premios FranquiciasDay 2013. Certame para empresarias/os que queiran franquiciar o seu modelo de negocio. O premio consiste na prestación de servizos profesionais de consultoría e soportes valorados en 200.000€. O prazo para envío de propostas remata o vindeiro 18 de novembro.

Iniciativa Emprendedora- Proceso de creación de empresas.

Matrícula gratuita. Prazo: ata o 13 de novembro. Entidade:Universidade de Vigo. Destinatarios:alumnos que estean cursando actualmente algunha titulación de carácter oficial na Universidade de Vigo.Duración:do  25 de novembro ao 20 de decembro de 2013. Localidade: en Vigo e en Ourense.

Nace BStartup. Nuevo programa de Banco Sabadell. Banco Sabadell presentou hoxe na súa sede de Barcelona  BStartup, programa de desenrolo empresarial dirixido a impulsar o crecemento de empresas xoves, en especial aquelas con proxecto innovador e perfil tecnolóxico.

 O Goberno extenderá os contratos de apoio a emprendedores a traballadores a tempo parcial. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou que o Goberno vai a ampliar aos traballadores a tempo parcial o uso do contrato de apoio a emprendedores para facilitar así a contratación indefinida. Así o avanzou durante a súa intervención no 'Foro de Emprendedores y Autónomos 2013', no cal o xefe do Executivo asegurou que esta modalidade de contrato a emprendedores dou "magníficos resultados"...

Semana do Cooperativismo no Campus de Lugo-USC, do 18 ao 22 de novembro de 2013.

Esta iniciativa enmárcase dentro da Rede Eusumo promovida pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela para a realización das seguintes actividades: A xornada Universocoop. A exposición 'Descobre as cooperativas'. A Escola Cooperativa Móbil, cunha programación de obradoiros e horarios de atención personalizada.

Rede Eusumo Tfno: 678 759 079 email: redeeusumo.divulgacion.ctb@xunta.es

DÍPTICO UNIVERSOCOOP PDF

 

SEMANA DO COOPERATIVISMO USC CAMPUS DE LUGO

 

Foros de Emprendemento de Aquelando 3

A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto aQuelando3, cofinanciado polo FSE, van desenvolver diferentes actividades relacionadas cos procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial na provincia de Pontevedra.Durante o mes de novembro de 2013, coa colaboración do Diario de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra vai desenvolver catro Foros Abertos de Emprendemento.

Seminario para a elaboración e avaliación do PLAN DE NEGOCIO: Ourense, Lugo e Pontevedra. Desenvolverase nos meses de novembro e decembro 2013  Descrición e obxectivo: Acción formativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo que combina formación presencial e titorías. O seu obxectivo é proporcionar aos participantes de ferramentas sinxelas e útiles para que poidan elaborar o seu plan de negocio e determinar a viabilidade do seu proxecto.

Emprendedores Viveiros de Empresas Lalín 2000 terá un viveiro de empresas con capacidade para albergar unas 40 sociedades.  A Diputación de Pontevedra  e Incyde invirten dous millons no proxecto, que contempla outra infraestructura en Barro - Cada unha delas reservará un espazo para autónomos.

 

 

O viveiro de empresas de Lalín  licitaráse este ano e funcionará a finais do 2014

O proxecto alcanza os 750.000 euros e está pensado para pequenos empresarios - Se ubicará no polígono Lalín 2000, auspiciado pola Fundación Incyde e Deputación de Pontevedra.

 A Fundación Juana de Vega ten como MISIÓN a mellora do tecido empresarial agroalimentario fomentando a súa competitividade e produtividade co obxectivo de mellorar o benestar e o progreso do medio rural de Galicia. Con este obxectivo a Fundación convoca o SEGUNDO PROGRAMA DE APOIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO fomentando a súa competitividade e produtividade co obxectivo de mellorar o benestar e o progreso do medio rural de Galicia.

Congreso INNOVATIA 8.3. Organizado polo Instituto de La Mujer e a Universidade de Santiago de Compostela. Woman Emprende presentará a primeira guía de creación de empresas diseñada para dar apoio ao emprendemento feminino de base tecnolóxica. Terá lugar os días 12 e 13 de decembro en Santiago de Compoetela.

Examen por sectores para emprender unha franquicia. Emprendedores.es realiza unha análise da situación de consumo nos distintos sectores económicos que se poderán ter en conta á hora de emprender a través dunha franquicia.

Ferrán Adriá e Trip4real buscan 1000 microemprendedoras/es. Ferrán Adriá e a plataforma Trip4real convocan a emprendedoras/es de toda españa do sectores turismo, viaxes e ocio que desexen dar a coñecer o seu proxecto. A Startup funciona como unha plataforma de creación e desenvolvemento de microempresas.

Creación de Empresas: ESTRATEXIAS DE PLANIFICACIÓN. Entidade:Cámara de Comercio de Vigo e Novagalicia Banco. Descrición:Gratuíto previa inscrición. 60 horas. Datas: 19/11/2013 ao 10/12/2013, de 17:30 a 21:30. Localidade:Vigo

CÁMARA DE COMERCIO de LUGO e NOVAGALICIA BANCO firman un CONVENIO DE COLABORACIÓN .O seu obxectivo é promocionar a formación entre os emprendedores co fin de reforzar a colaboración entre ambas institucións en beneficio dos emprendedores lucenses. O convenio establece que a Cámara e Novagalicia Banco colaborarán na realización de actividades formativas co obxectivo de facilitar o emprendemento na provincia. Ambos representantes consideran que este convenio é unha fórmula interesante para que conxuntamente se beneficie o sector empresarial lucense.

1ª Xornada de Emprendemento e Innovación - Área Central Santiago de Compostela. Un programa formativo para todos aqueles que estén dispostos a emprender un novo proxecto empresarial ou a innovar para su propia empresa.

 

Traballo impulsará un programa para apoiar ás Start up galegas.A Consellería de Traballo e Benestar impulsará no 2014 un programa para impulsar as Start up galegas e promover a RSE que se chamará Start Up, Stand Up. Este programa que se encadra dentro da estratexia 2020 promoverá o emprego xuvenil no sector das novas tecnoloxías a través do emprendemento.

Xornadas de ESPECIALIZACIÓN en PROPIEDADE INDUSTRIAL e INTELECTUAL. Organiza a Cámara de Comercio de Pontevedra organiza para o próximo día 26 de Novembro de 2013.Qué lle ofrecen estas xornadas: A posibilidade de buscar novas oportunidades de negocio,mellorar tasas de rendabilidade, diferenciarse dos competidores. Xornadas gratuitas.

Cursos online: Cursos para emprendedores. A Dirección General de Industria y de la PYME (DGIPYME) pon a súa disposición cursos de formación online en colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI). Estos cursos de carácter gratuito son desenrolados pola EOI e cofinanciados pola DGIPYME e a Unión Europea. Prazo: Aberto todo o ano.

Cursos gratuitos online PLAN AVANZA. Através do Plan Avanza promóvese o desenvolvemento da Sociedade da información a través de distintas medidas, entre elas as accións formativas en contidos TIC,  destinadas a traballadoras/es por conta allea, autónomas/os ou profesionales TIC.

Global Entrepreneurship Week.Este evento de networking ten como obxecto axudar as/aos emprendedoras/es a convertir as súas ideas en realidade e facer crecer as súas empresas a través de novas prácticas de negocio. Para elo organizaranse un gran número de actividades en distintas cidades españolas durante a semana  do 18 ao 24 de novembro.

Premios INCUVI Emprende 2014.Premios para proxectos emprendedores do alumnado actualmente matriculado e xa titulado da Universidades de Vigo. O premio consiste na subvención dos costes da estadía polo prazo dun ano nun espazo da Pre-hincubadora INCUVI (Vigo) e/ou nos situados na sede AJE Pontevedra. O prazo de presentación de proxectos remata o vindeiro 18 de decembro.

Creación e xestión de empresas dende a creatividade motivacional.                   Xoves 28 de novembro de  10:00 a 13:00 h.

Dirixido a quen busca iniciarse no mundo empresarial ou para quen estéan desenvolvendo e xestionando a súa propia Pyme e desexan unha inxección de enerxía.

Inscripcións enviando un  correo electrónico a ; formaciondeempresas@camarapontevedra.com.  Entrada libre ate completar aforo.

Xornadas "INICIA e CREA".

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realizará durante o mes de novembro unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender.

Coworking unha realidade para profesionales independentes e autónomosO coworking ou Cotraballo é unha nova tendencia para aquelas/es profesionais independentes que lles permite compartir un espazo de traballo (físico ou virtual) que lles permite desenvolver proxectos de forma independente ao tempo que se fomenta a colaboración.

Xornada empresarial Getting Contacts.

o próximo 12 de decembro celebrarase en Santiago de Compostelase no  Centro Comercial Área Central unha xornada Getting Contacts a través da que se fomentarán as redes de contacto, propiciaranse oportunidades de negocio e para atraer inversores.

A Evolución das Tendencias en Internet e as claves para ter éxito na POSTA EN MARCHA DUN NEGOCIO".

Entidade:Fundación Universidade de Vigo Descrición:Gratuíto. Presencial. O 28 de novembro de 12:00 a 13:00 h Localidade:Salón de Graos da Escola de Enxeñaría en Telecomunicación.Vigo

Prazo:Aberto     Inscrición:T.986 814 086 formacion@fundacionuvigo.es

O Viveiro de Empresas do Concello de Pontevedra  abrirá un novo prazo nos próximos días para solicitar un local.Os obxectivos do viveiro son:

-Apoiar as novas empresas a través da oferta de instalación

-Fomentar a consolidación de novas empresas minimizando os custos ao inicio da súa actividade

-Favorecer a xeración de emprego

-Crear un medio idóneo en condicións de prezo e servizos que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado

-Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que, polas características da súa actividade empresarial, non precisen dun espazo físico de ubicación pero si a infraestructura, loxística e servizos ofertados polo Viveiro.

Mais información: Casa da Luz, Praza da Verdura s/n 36002 -Pontevedra.T. 986 84 85 52

Posgrao de Xestión empresarial da innovación.

A Universidade da Coruña organiza un programa de posgrao conducente ao título de "Especialista universitario en Xestión Empreasarial da Innovación". Realizaranse prácticas en empresa e a posibilidade de insertarse nun proxecto de xestión da innovación para o alumnado que acede mellores resultados. 

INSTRUMENTO PEMEO instrumento PYME é un esquema de financiación en fases mediante subvención dirixido a dar apoio a aquellas PEMEs, tradicionais ou innovadoras, que teñan a ambición de crecer, desenvolverse e internacionalizarse a través dun proxecto de innovación de dimensión Europea.

bottom of page